miércoles, 18 de abril de 2012

Xa sabemos un pouco máis destes bichos / Ya sabemos un poco más de estos bichos.

Hoxe mamá estivo indagando pola rede en busca de información sobre os vermes. Díxonos un rapaz que sabe moito deles que sería bo que estivesen máximo de 30 por caixa, así que esta noite tócanos facer mudanzas.

Hoxe fomos recoller follas para poñerlles noviñas, e só puidemos acceder a unha das moreiras, posto que as outras sen katiuskas imposible! Chove moitísimo e estaba todo inundado, así qeu collemos da que lle chegabamos pero a xente non está a ter en conta que se só colle as follas de abaixo, as noviñas de todo, non poden crecer e é pan para hoxe e fame para mañá. Pero como hoxe non podiamos coller moita cousa, tivemos que coller desas pequerrechas para que tivesen algunha fresquiña.

Os vermes xa creceron un pouco e comen que da gusto velos, fanlle buratos ás follas e van cambiando de folla cando lles peta.

Déixovos unha foto de cómo estaban onte á noite.









Hoy mamá estuvo indagando por la red en busca de información sobre los gusanos. Nos dijo un chico que sabe mucho de ellos, que sería bueno que estuvieran máximo de 30 por caja, así que esta noche nos toca hacer mudanza.

Hoy fuimos a recoger hojas para ponerles nuevas, y sólo pudimos acceder a una de las moreras, pues las otras sin katiuskas imposible! Llueve muchísimo y estaba todo inundado, así que cogimos de la que llegábamos pero la gente no está teniendo en cuenta que si sólo coge las hojas de abajo, las nuevas de todo no pueden crecer y es pan para hoy y hambre para mañana. Pero como hoy no podíamos coger mucha cosa, tuvimos que coger de esas pequeñitas para que tuvieran alguna fresquita.

Los gusanos ya crecieron un poco y comen que da gusto verlos, le hacen agujeros a las hojas y van cambiando de hoja cuando les apetece.

Os dejo una foto de cómo estaban ayer de noche. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario